Usamos cookies para proporcionarlle os servizos que vostede solicita no noso sitio. Estos servizos incluen o inicio de sesión de usuario, configuración das preferencias de idioma e elementos de seguridade. Son esenciais para o correcto funcionamento da aplicación

Estou de acordo


Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Encanta se ri, conmove se chora : Caderno de traballo d'A rosa incandescente / Mª dos Anxos García Fonte

por García Fonte. Mª dos Anxos [autor/a]; Fernández-Campoamor Fernández, Glafira [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: :Son Radio Fusión ,2022 Fene Descrición: 59 p.ISBN: 9788409349135.Materia(s): Rosalía de Castro | Amor polos libros | DivulgaciónRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Esta proposta didáctica pretende achegar a figura e a obra de Rosalía de Castro da man d´A rosa incandescente e dunha selección de textos en prosa e en verso da autora. É unha mostra de como a literatura e as artes audiovisuais poden entrar nun diálogo arrequecedor e necesario, útil para a divulgación de coñecementos culturais e de experiencias artísticas. As propostas de actividades e tarefas van agrupadas arredor de seis eixos temáticos que consideramos fundamentais na obra rosaliana. Con eles, quérese contribuír á reflexión sobre os valores cívicos e éticos presentes na obra da autora, así coma á análise do contexto histórico e social en que foi creada. Cada unha das partes leva unha breve introdución á que segue unha variada proposta de exercicios e actividades en diferentes formatos: coméntanse escenas da curtametraxe; relaciónase a linguaxe literaria e a linguaxe audiovisual; propóñense actividades de busca, reelaboración de información; encárgase a produción de novos textos a imitación dos da autora; e analízanse os seus textos poéticos e ensaísticos. Os textos de Rosalía de Castro reproducidos seguen versións adaptadas á lingua estándar actual, para facilitar a lectura; mais no caso daquelas actividades nas que se estuda precisamente as variantes lingüísticas da lingua de Rosalía, escóllense edicións que reproducen máis fielmente a orixinal da autora.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Coa tecnoloxía Koha