Chega un avión! / José Campanari e tradución de Laura Rubio
by
Campanari, José [Author]
; Rubio, Laura [Illustrator]
; Mulazzani, Simona
.
Type: 





Item type | Current location | Call number | Copy number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Couceiro Freijomil Sala préstamo | 5012 EI-G I | 1 | Available | CEC133000005012 |
|
A comida pode ser un momento de diversión e unha oportunidade para estreitar lazos afectivos. Isto é o que sucede entre o noso pequeno protagonista e o seu tío Lalo.
A través do xogo, ambos crean un vínculo, á vez que o fan co resto da familia. O tío vaille ofrecendo ao seu sobriño pequenas culleradas de comida, apelando á figura da avoa, do avó, do pai e da nai, para incentivar que o neno coma.
Debido á dificultade de abstracción en lectores de tan curta idade, a ilustradora, Simona Mulazzani, optou por incluír unha orixinal referencia visual de cada membro da familia: fotos das súas caras que o tío Lalo lle mostra ao neno.
Deste xeito, activa no pequeno recordos e experiencias sensoriais vinculadas a cada un deles: A comida sábeme doce, coma o sorriso de mamá. E quero outra, e outra, e outra!
Un xeito divertido e saboroso, a través do sentido do gusto, de crear recordos multisensoriais que irán formando a base da memoria
DE 3 A 6 ANOS
Narrativa