Mariluz Avestruz / Rachel Chaundler ; ilustraciones de Bernardo Carvalho
by Chaundler, Rachel [Author]; Carvalho, Bernardo [Illustrator]; Núñez, Marisa [Translator].
Type: BookSeries: Colección O.Publisher: Pontevedra :OQO ,2007 Edition: 1ª ed.Description: [32] p :abundantes il. col ;24cm.ISBN: 9788496788107.Subject(s): Verbos - Conto Ilustrado (6-8 Anos) | Animais -- Contos | Contos acumulativos -- Álbums | Animais da selva -- Álbums | Orgullo -- Álbums | Contos con animais coma protagonistas -- Álbums | Avestruces -- Álbumes | ÁfricaOnline resources: Click here to access onlineItem type | Current location | Call number | Copy number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Couceiro Freijomil Sala préstamo | 5850 EI-G II | 1 | Available | CEC133000005850 |
|
Trad. de : Mariluz avestruz
Álbum Ilustrado
Mariluz Avestruz ten unha magnífica cola. Pola noite, para non esmagala, dorme coa cabeza enterrada e coa cola ao aire. Unha mañá, ao espertar, estira o pescozo e decátase de que non pode mover a cabeza. Mariluz patexa, espernexa, abanea a cola e tira, e tira, e tira… pero a cabeza está atrancada e de aí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda.
Con reminiscencias daquel antigo conto de Alexei Tolstoy, no que un vello granxeiro atopaba un nabo xigante e precisaba da colaboración dos demais para arrancalo, en Mariluz Avestruz fica claro que o poder para mudar as cousas se logra mediante o traballo en equipo. Pero Mariluz aprenderá tamén que a luz do día é moito máis importante que a súa fermosa cola e xa non esquecerá que só as avestruces papanas dormen coa cabeza acochada no chan.
O ilustrador portugués Bernardo Carvalho preséntanos unha narración visual que nos traslada á sabana africana, cunha posta en escena moi recoñecible para os primeiros lectores. Serigrafías en cores planas, trazo vivo e dinámico para crear uns personaxes divertidos e moi expresivos, cunha técnica directa e limpa.
1º-2º Primaria