Normal view MARC view ISBD view

Mariluz Avestruz / Rachel Chaundler ; ilustraciones de Bernardo Carvalho

by Chaundler, Rachel [Author]; Carvalho, Bernardo [Illustrator]; Núñez, Marisa [Translator].
Type: materialTypeLabelBookSeries: Colección O.Publisher: Pontevedra :OQO ,2007 Edition: 1ª ed.Description: [32] p :abundantes il. col ;24cm.ISBN: 9788496788107.Subject(s): Verbos - Conto Ilustrado (6-8 Anos) | Animais -- Contos | Contos acumulativos -- Álbums | Animais da selva -- Álbums | Orgullo -- Álbums | Contos con animais coma protagonistas -- Álbums | Avestruces -- Álbumes | ÁfricaOnline resources: Click here to access online
Contents:
Abstract: Mariluz Avestruz ten unha magnífica cola. Pola noite, para non esmagala, dorme coa cabeza enterrada e coa cola ao aire. Unha mañá, ao espertar, estira o pescozo e decátase de que non pode mover a cabeza. Mariluz patexa, espernexa, abanea a cola e tira, e tira, e tira… pero a cabeza está atrancada e de aí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda. Con reminiscencias daquel antigo conto de Alexei Tolstoy, no que un vello granxeiro atopaba un nabo xigante e precisaba da colaboración dos demais para arrancalo, en Mariluz Avestruz fica claro que o poder para mudar as cousas se logra mediante o traballo en equipo. Pero Mariluz aprenderá tamén que a luz do día é moito máis importante que a súa fermosa cola e xa non esquecerá que só as avestruces papanas dormen coa cabeza acochada no chan. O ilustrador portugués Bernardo Carvalho preséntanos unha narración visual que nos traslada á sabana africana, cunha posta en escena moi recoñecible para os primeiros lectores. Serigrafías en cores planas, trazo vivo e dinámico para crear uns personaxes divertidos e moi expresivos, cunha técnica directa e limpa.
    average rating: 0.0 (0 votes)

This record has many physical items (66). Click here to view them all.


Trad. de : Mariluz avestruz

Álbum Ilustrado


Mariluz Avestruz ten unha magnífica cola. Pola noite, para non esmagala, dorme coa cabeza enterrada e coa cola ao aire. Unha mañá, ao espertar, estira o pescozo e decátase de que non pode mover a cabeza. Mariluz patexa, espernexa, abanea a cola e tira, e tira, e tira… pero a cabeza está atrancada e de aí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda.

Con reminiscencias daquel antigo conto de Alexei Tolstoy, no que un vello granxeiro atopaba un nabo xigante e precisaba da colaboración dos demais para arrancalo, en Mariluz Avestruz fica claro que o poder para mudar as cousas se logra mediante o traballo en equipo. Pero Mariluz aprenderá tamén que a luz do día é moito máis importante que a súa fermosa cola e xa non esquecerá que só as avestruces papanas dormen coa cabeza acochada no chan.

O ilustrador portugués Bernardo Carvalho preséntanos unha narración visual que nos traslada á sabana africana, cunha posta en escena moi recoñecible para os primeiros lectores. Serigrafías en cores planas, trazo vivo e dinámico para crear uns personaxes divertidos e moi expresivos, cunha técnica directa e limpa.

1º-2º Primaria

Powered by Koha