Un peixe é un peixe / Leo Lionni
by
Lionni, Leo (1910-1999 ) [Author]
; González, Xosé Manuel [Translator]
.
Type: 





Item type | Current location | Call number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|
CEIP Couceiro Freijomil Sala préstamo | 8634 I 1C-G | Available | CEC133000008634 |
|
Unha fábula sobre a amizade que anima á reflexión sobre a identidade e sobre a forma en que accedemos ao coñecemento.
Nun estanque, preto do bosque, vivían dous amigos inseparables: un peixiño e un cágado. O peixiño non cría que o cágado se convertese en ra, así que discutiron e discutiron ata que o cágado decidiu marchar a explorar o mundo. Ao seu regreso, tras contarlle ao seu amigo as cousas tan extraordinarias que vira máis alá do estanque, o peixiño tamén decidiu seguir os seus pasos. Pero pronto descobre que vivir na terra non é como imaxinaba…
En Un peixe é un peixe aparecen temas presentes noutros álbums de Lionni como a importancia da amizade ou a aceptación da diferenza. Trátanse, con todo, de maneira orixinal, outros aspectos de gran profundidade: como coñecemos as cousas, como sabemos o que sabemos, como vemos os demais ou como somos vistos por eles. Un interesante punto de partida para unha conversa sobre as nosas capacidades e o que significa non poder facer algo que outros si poden.
1º-2º Primaria