Rivas Ramírez, Paula (1984- )

A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano / Paula Rivas Ramírez - 1ª - Vigo : Xerais , 2023 - 53 p. : il. cor ; 20 cm - ( Seica ) .

A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto de investigación en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o sistema nervioso, e tamén que son as neuronas e como percibimos as cousas a través dos sentidos. Pouco a pouco, Antía vai descubrindo que detrás dos ratiños hai nomes de científicos famosos (Santiago Ramón y Cajal, Alois Alzheimer, James Parkinson e Margarita Salas) e vive unha experiencia extraordinaria.

3º-4º Primaria 5º-6º Primaria

9788411102568


Ciencia
Cerebro
Neurociencia
Sentidos
Ratos
Animais humanizados--Contos

821.134.4-34"20":087.5 61:087.5 82-N

Coa tecnoloxía Koha